CRTVG

Buscar

Feijóo asegura que "empeza un dos mellores momentos para o naval galego"

Publicado o 10/04/2018 21:50

O presidente da Xunta asegura que o sector naval galego empeza uns dos seus mellores momentos. Díxoo en Narón, na visita á empresa Gabadi, que acaba de asinar un contrato de 34 millóns de euros para a construción de tanques de gas natural licuado en mercantes da China. Esta mesma empresa vende tamén estruturas para aloxar traballadores de plataformas petrolíferas no golfo de México. O presidente da Xunta coida que é un exemplo de competitividade e da internacionalización da industria auxiliar do naval galego, que coa construción das fragatas F-110 en Navantia lle dará un novo pulo ao sector.

Noticias web

10/04/2018