CRTVG

Buscar

Feijóo aposta polo traballo conxunto para a plena inclusión das persoas xordas en Galicia

Publicado o 11/11/2019 21:33

Neste día de San Martiño tamén é o día en que a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia fai 40 anos. Celebran estas catro décadas de traballo a prol do desenvolvemento integral deste colectivo cunha entrega de premios na Coruña a persoas e entidades que defenden os seus dereitos.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avogou polo traballo conxunto para avanzar na plena inclusión das persoas xordas en Galicia. Durante o acto de celebración do 40 aniversario da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Feijóo apostou por "achegar todas as ferramentas e o apoio necesario para que todas as persoas xordas poidan participar na sociedade en igualdade de condicións".

Respecto diso, destacou iniciativas da Xunta como programas formativos e de inserción laboral, así como servizos de atención psicolóxica e logopédica para nenos con implantes ou próteses auditivas. Ademais, a Xunta achega uns 800.000 euros anuais para o apoio a esta Federación. Núñez Feijóo tamén subliñou que "a Xunta destinará en 2020 un 77% máis do que se orientaba a este obxectivo en 2009".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019