CRTVG

Buscar

Feijóo apoia a Pablo Casado no acto de peche de campaña en Madrid

Publicado o 26/04/2019 21:22

Pablo Casado finaliza a campaña electoral en Madrid, onde tamén está Alberto Núñez Feijóo. Antes de viaxar a Madrid para acompañar a Pablo Casado no peche da campaña, Alberto Núñez Feijóo asistiu a un xantar mitin en Vigo canda a cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra, Ana Pastor. O presidente do Partido Popular de Galicia fixo un último chamamento á mobilización o domingo e a unir o voto no PP para non restar escanos e posibilidades ao goberno alternativo que prefire, asegurou, a maioría. Feijóo mesmo pediu o apoio dos socialistas descontentos e orfos dun partido, dixo, ocupado polo egocentrismo, o populismo e o independentismo.

Noticias web

26/04/2019