CRTVG

Buscar

Feijóo anunciará novas rebaixas de impostos no debate de política xeral

Publicado o 08/10/2018 08:25

O presidente da Xunta ten previsto anunciar novas rebaixas fiscais en Galicia. Farao no debate de política xeral, que comeza mañá martes no Parlamento. Segundo fontes do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo perfilou esta fin de semana cos membros do seu equipo o seu discurso, que terá como un dos eixes centrais o compromiso dunha rebaixa impositiva que se materializará nos próximos orzamentos.

A Xunta quere comprometerse con novas rebaixas de impostos e cifra en 1.100 millóns os beneficios fiscais das medidas aplicadas nos últimos anos, entre elas a supresión do imposto de sucesións, o plan de impostos cero no rural ou as deducións deste ano para rehabilitar núcleos históricos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/10/2018