CRTVG

Buscar

Feijóo anuncia que van ampliar o Bono Coidado a ludotecas e espazos infantís

Publicado o 08/01/2019 14:55

A Xunta vai ampliar o Bono Coidado para cubrir gastos en ludotecas e outros espazos infantís. Anunciouno Alberto Núñez Feijóo nunha visita á nova Galiña Azul da Estrada, onde reiterou que as medidas a prol da conciliación son unha prioridade do seu goberno para frear a perda de poboación.

O presidente escolleu unha gardería para estrear a axenda pública deste ano como mostra, di, do compromiso da Xunta coas políticas de conciliación. Aclara que o problema demográfico é estrutural e non hai fórmulas máxicas, pero pide a implicación de todas as administracións e da sociedade para apoiar a natalidade. No tocante á Xunta van ampliar as axudas para pagar un coidador cando está enfermo un neno ou a persoa que o atende.

"Primeiro empezamos co Bono para familias con nenos de menos de tres anos; despois ampliouse para menores de 12 anos e agora queremos estendelo para financiar as ludotecas e outros espazos infantís previos ás escolas infantís", explicou o presidente da Xunta.

Feijóo tamén lles pediu ás empresas que dediquen parte da súa acción social a facilitar a conciliación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/01/2019