CRTVG

Buscar

Feijóo anuncia que Ribeira acollerá a primeira residencia "do novo modelo de coidados"

Publicado o 04/08/2021 15:45

Galicia impulsa un novo modelo de residencias de maiores. A primeira estará en Ribeira e prevé aplicar os ensinos da pandemia. Anunciouno este mediodía o presidente da Xunta. Nesta nova residencia investiranse dez millóns de euros de fondos públicos.

Núñez Feijóo asegurou que se trata dun "proxecto piloto" que terá un orzamento de 10 millóns de euros e que será financiado con fondos europeos, indica nun comunicado o Executivo autonómico. Segundo o titular da Xunta, con esta decisión o Goberno galego "volve explicitar o seu compromiso co rural, que é onde viven a maior parte" dos maiores na comunidade.

A nova residencia terá un máximo de cen prazas e unha estrutura adaptada ao novo modelo, "máis centrada na persoa, accesible e con maior intimidade grazas aos cuartos individuais e os baños adaptados". 

 

Noticias web

04/08/2021