CRTVG

Buscar

Feijóo anuncia que a Xunta vai ampliar o aprazamento de impostos autonómicos

Publicado o 03/06/2020 14:13

O Consello da Xunta desta semana, avanza o presidente, vai aprobar un plan de reactivación económica que inclúe ampliar o aprazamento do pago de impostos autonómicos, que inicialmente estaba previsto ata o 30 de xuño.

"Entendemos que as vacacións fiscais son priorotarias neste momento", asegurou nun encontro telemático organizado por APD, ao que asistiron 1.400 directivos de toda España.

Tamén este mes, dixo Feijóo, a Xunta prevé darlle o visto e prace a catro proxectos sobre economía circular, verde, innovadora e dixital impulsados polo comité de expertos. O presidente engade outras propostas para a reactivación ademais das vacacións fiscais.

"Probablemente necesitamos baixar temporalmente o IVE da industria do turismo e incentivar o consumo", suxeriu.

Feijóo defendeu que na situación actual en España fai falta un sosego político que non hai.

"Un Goberno dividido e unha política de axitación e provocación permanente lastrarían a recuperación económica cunha intensidade descoñecida", concluíu o presidente.

 

Noticias web

03/06/2020