Feijóo anuncia que a venda de terreos de San Paio de Navia comezará no 2021
Publicado o 17/11/2020 14:27
Alberto Núñez Feijóo visitou hoxe o barrio vigués de San Paio de Navia, onde se van construír 1.600 vivendas públicas.
O presidente da Xunta dixo que as primeiras parcelas empezarán a comercializarse no 2021, para que as empresas ou cooperativas que as compren poidan comezar a edificar.
O proxecto de ampliación deste barrio ten tres fases e mobilizará 250 millóns nos próximos anos. Feijóo defendeu que a Xunta é a administración que máis inviste en Vigo.
Máis sobre Vigo
18/01/2021 14:54