CRTVG

Buscar

Feijóo anuncia a licitación da segunda fase da ampliación do Hospital da Costa por 15 millóns

Publicado o 23/10/2020 15:17

Galicia é a comunidade con menos camas ocupadas de UCI, un 6 por cento. Alberto Núñez Feijóo cre que se debe ás ampliacións que se fixeron nos últimos anos nos hospitais do Sergas. Díxoo durante unha visita esta mañá á nova planta do Hospital da Mariña.

O hospital de Burela estrea 28 cuartos individuais e unha área de diálise que permite atender máis doentes á vez. O presidente da Xunta di que o as melloras neste hospital comarcais e nos demais do Sergas fan que Galicia poda facerlle fronte á pandemia en mellores condicións que outras comunidades.

Alberto Núñez Feijóo avanzou que os presupostos do ano que vén van incluír unha achega de 15 millóns de euros para rematar a ampliación do hospital da Mariña. Prevén que as obras comecen no 2021.

Noticias web

23/10/2020