CRTVG

Buscar

As universidades galegas ofrecerán graos abertos no 2020

Publicado o 06/09/2019 15:18

O anfitrión, o reitor compostelán, dixo que as universidades viven un momento crítico e que é necesario reformar a LOU tras 18 anos de vixencia. Tamén pediu máis recursos públicos para o ensino superior, para recuperar, afirmou, parte do perdido durante a crise.

"Non pedimos para nós, senón para os nosos estudantes, para a investigación, para o coñecemento e para a cidadanía. Polo ben do país, en definitiva", afirmou Antonio López.

O presidente da Xunta anunciou que o ano que vén Galicia estreará os chamados graos abertos en cinco carreiras.

"Consiste nun programa en que o alumno pode elixir durante ao e medio materias de varias carreiras antes de decidirse por unha delas. Galicia será a teceira comunidade en implantalos. No curso piloto, que se fará no 2020-2021, o número de prazas ofertadas será de 25 por cada grao aberto", explicou Feijóo.

Esta iniciativa nace para evitar que os alumnos deixen os estudos. O 20% dos universitarios abandona no primero curso e 1.200 cambian de carreira nos dous primeiros anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019