CRTVG

Buscar

Feijóo anuncia 67 millóns de axudas para empresas nun ano "de curvas económicas" en España

Publicado o 09/01/2020 14:34

As ordes de axudas irán saíndo nas vindeiras semanas. Son dez programas que suman 67 millóns, algúns xa se puxeron en marcha hai tempo e agora saen novas convocatorias e outros novos. Entre estes útimos, o que máis orzamento leva é para crear os chamados centros de fabircación avanzada.

Nos vindeiros tres anos, a Xunta prevé investir 16 millóns de euros en centros de embalaxe, lóxistica ou fábricas que poidan compartir varias empresas. O resto das axudas serán para modernizar máquinas e equipamentos, impulsar a investigación e a innovacion e manter e crear postos de traballo.

"Buscamos dende principios de ano unha Galicia máis innovadora e con máis emprego de calidade. Como veñen curvas no eido económico, queremos poñer dende o primeiro instante os recursos do presuposto do ano 2020 a disposición do tecido empresarial", dixo o presidente da Xunta.

Alberto Núñez Feijóo tamén anunciou oito millóns en axudas para mellorar as infraestruturas e servizos dos polígonos industriais co obxectivo de atraer novos investimentos a Galicia.

Noticias web

09/01/2020