Feijóo anima os galegos do exterior a quedar en Galicia tras acabar o máster
150 fillos e netos de emigrantes galegos tiveron cadansúa bolsa de excelencia para cursar un mestrado en Galicia. A Estratexia Retorna da Xunta fixo que moitos falen de corazón dividido á hora de vir á terra dos seus ascendentes.
"No meu caso, a pesar diso, hoxe podo dicir que volvería elixir vir tras o soño que representaron as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior. É para muin un orgullo ter recidbo esta bolsa que me permitiu seguir perfeccionando os meus coñecementos, adquirir novas ferramentas laborais e, aínda máis importante, reconectar con Galicia, esta terra que as nosas familias nos ensinaron a amar", dixo Jimena Sodorini, estudante arxentina.
As Bolsas Excelencia Mocidade Exterior pasan de 150 a 200 para o curso que vén. Aos que xa fixeron o mestrado Alberto Núñez Feijóo convídaos a quedar a vivir en Galicia e axudar contra o devalo demográfico.
"Vimos aquí convidarvos expresamente a que quededes en Galicia. De todos os másteres que levamos feito ata agora, o 70 % dos alumnos quedaron en Galicia. Por iso viñemos de forma explícita e solemne invitarnos a quedar nesta terra, que tamén é a vosa", afirmou o presidente da Xunta.
As bolsas para descendentes de emigrantes inclúen 90 mestrados. A contía oscila entre os 7.000 e os 11.500 euros.