Feijóo anima os concellos a impulsar casas do maior para a conciliación no rural
As persoas que queiran poñer en marcha unha casa do maior poderán presentar a solicitude nas vindeiras semanas. As casas do maior son unha iniciativa da Xunta para crear centros de día gratuítos no rural. Poden acoller durante oito horas ao día ata cinco usuarios, que son atendidos por un profesional.
O presidente Feijóo visitou hoxe a de Castrelo de Miño, en Ourense, e lembrou que este ano teñen un orzamento de 5 millóns de euros para pasar das 20 actuais a máis de 80 en toda Galicia.
"A provincia de Ourense ten máis do 50 % destas vinte casas e eu animo os alcaldes, con este aumento a 80 casas dos maior, que se apunten a estes proxectos de conciliación no medio rural que dan emprego e que atenden os maiores, aos que lles debemos un respecto e un coidado", dixo Alberto Núñez Feijóo.