CRTVG

Buscar

Feijóo anima os ourensáns a que fagan a proba rápida nas farmacias

Publicado o 16/10/2020 16:11

O presidente da Xunta envía unha mensaxe aos ourensáns. Anímaos a que fagan a proba.

"Aconsellámoslles aos cidadáns de Ourense de 18 ou máis anos que acudan á farmacia do seu barrio e obteñan un diagnóstico rápido, en 15 ou 20 minutos. Vai ser un dos primeiros cribados que se faga en toda unha cidade. Ourense é a terceira cidade de Galicia, máis de 100.000 persoas ás que hai que engadirlle o concello próximo de Barbadás e entendemos que esta é unha forma de loitar contra o nivel 3 no que estamos en Ourense desde hai uns días", dixo Núñez Feijóo.

 

 

 

Noticias web

16/10/2020