CRTVG

Buscar

Feijóo anima a usar o bono comercio para apoiar as tendas de barrio

Publicado o 24/05/2021 13:57

Alberto Núñez Feijóo fixo campaña a favor do comercio de proximidade na rúa da Oliva de Pontevedra, onde lle eloxiaron o bono comercio da Xunta. Unha comerciante explicoulle que o sábado pola tarde, agás un, todos os clientes usaron os vales. Vinte e un millóns de euros leva destinados a Xunta ao comercio de proximidade dende o inicio da pandemia da covid-19.

"Quero agradecerlle á federación de comercio o impulso ás tendas de proximidade e pido que se consuma nas tendas de barrio, nos locais comerciais que dan vida ás cidades, e que se usen estes bonos de 30 euros que puxemos á disposición. Xa se descargaron 110.000 e aínda quedan 190.000", explicou o presidente da Xunta.

Di Feijóo que sen comercios non hai cidades nin barrios e espera que en xuño se reactive o consumo.

Noticias web

24/05/2021