CRTVG

Buscar

Feijóo analiza con Repsol os proxectos galegos para captar fondos europeos

Publicado o 02/03/2021 14:10

O presidente da Xunta analizou hoxe co conselleiro delegado de Repsol os proxectos que presenta Galicia para captar fondos europeos de reconstrución, os chamados Next Generation.

Alberto Núñez Feijóo faloulle das propostas da Xunta en materia de biogás ou biocombustible e Josu Jon Imaz dos proxectos que presentou Repsol vencellados á refinería da Coruña.

Feijóo e a enerxética defenden a colaboración público-privada para atraer estes fondos europeos.
 

Noticias web

02/03/2021