Galicia, Asturias e Cantabria únense para promocionar o Camiño de Santiago
Unha mouteira descuberta polos presidentes galego, asturiano e cántabro co bispo de Santander simboliza o Camiño de Santiago de par do Lebaniego, a pé do mosteiro de Santo Toribio de Liébana. O presidente da Xunta chamou os presentes a viaxar a Galicia, que recibiu máis peregrinos nos últimos quince días ca en todo o ano.
Di Alberto Núñez Feijóo que o Camiño de Santiago é un fío de afecto e de colaboración institucional entre gobermos de distinto signo; unha fronte común para asuntos como a demografía, as infraestruturas ou a covid. Os seus homólogos cántabro e asturiano son da mesma opinión.
"Confeso que as nosas relacións transmiten unha mensaxe pontente á sociedade. É positivo que a lealdade institucional e a lexítima defensa dos intereses se impoñan nas relacións dos gobernos autonómicos sexan do goberno que sexa", defendeu Adrián Barbón, presidente do Principado de Asturias.
"Tres presidentes que estou convencido que chegariamos a acordos sobre o que necesita neste momento este país, onde me preocupa ver o cainismo, o enfrontamento e a falta de acordos nun momento en que estamos máis necesitados que nunca dunha certa concordia", afirmou Miguel Ángel Revilla, que botou contra a historiografía actual e reivincidou o papel de Asturias e Cantabria nos mitos fundacionais de España, a Reconquista e o Camiño de Santiago.