CRTVG

Buscar

Feijóo advirte de que dividir o voto favorece o PSOE

Publicado o 23/04/2019 15:14

Nesta recta final de campaña Alberto Núñez Feijóo defende que se goberna o PP en España, Galicia seguirá sendo unha das comunidades máis importantes do Estado. O presidente dos populares galegos insiste en que a única alternativa a Pedro Sánchez é unir o voto no Partido Popular.

Nun mitin en Lugo canda aos candidatos ao Congreso e ao Senado por esta provincia, Feijóo dixo que non merece o voto quen non chamou nin atendeu a chamada dos galegos nin unha soa vez, en alusión a Pedro Sánchez.

E defendeu que os gobernos do PP son garantía de creación de emprego, mentres que con Sánchez a posible desaceleración, advirte, volverá a ser crise. Feijóo insistiu en que os votos que non vaian para o PP irán para os socialistas.

Noticias web

23/04/2019