CRTVG

Buscar

Feijóo adianta que empezarán a suavizar as restricións a partir do mércores

Publicado o 11/02/2021 21:05

O luns que vén a Xunta vai informar da redución gradual de restricións, pero o presidente xa avisa que non vai haber aperturas notorias ata primeiros de maio, cando xa estean vacinados os galegos con máis risco, os maiores.

"Esperemos que a partir do 22, 23 de febreiro comecemos a parte da vacinación máis crítica, que son os maiores de 80 anos, na que se produce unha maior mortalidade. E por tanto temos que non fallar durantes estes dous meses, dous meses e medio, ata principios do mes de maio, porque xogamos moitas vidas", asegura Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

Mesura, rigor, gradualidade, proporcionalidade... a apertura que preparan para o mércores que vén aínda non vai ser coma a de antes, di Alberto Núñez Feijóo. Está por ver se reabre e con que condicións a hostalaría; porén, matiza que a forte baixada dos contaxios, cando pecharon os bares, non fai os hostaleiros culpables senón vítimas. 

"A a baixada de máis dun 45 % da taxa de incidencia nos últimos sete días é evidente que ten unha relación directísima co sector hostaleiro. O cal non significa que os titulares do sector da hostalaría sexan os responsables, en ningún caso. Por tanto, o que criminalice o sector da hostalaría equivócase. O sector da hostalaría é unha vítima máis da covid−19", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

Quedan dous meses aínda de "moita precaución e moito rigor", di Feijóo, agás a inesparada chegada de máis doses de vacinas das previstas.

 

 

 

 

Noticias web

11/02/2021