CRTVG

Buscar

Feijóo acusa o Goberno de "xudicializar" a pandemia

Publicado o 04/05/2021 19:08

O presidente da Xunta non está conforme co decreto do Goberno para que as comunidades poidan levar ao Supremo as súas medidas sobre a pandemia. Feijóo acusa o Goberno de lavar as mans e de xudicializar a pandemia.

"É unha falta de decisión seguir lavando as mans da situación epidemiolóxica en España e xudicializar a pandemia. Hai unha incerteza na xestión a partir do domingo que lamentamos todos os presidentes autonómicos. Isto non é unha cuestión ideolóxica; isto é un problema de organización dos servizos sanitarios e da actividade económica en cada comunidade autónoma".