CRTVG

Buscar

Feijóo acusa o Goberno de non ser quen de solucionar os problemas dos cidadáns

Publicado o 30/08/2021 15:15

O presidente da Xunta di que coa suba continua do prezo da luz é imposible manter a industria e que as familias cheguen a fin de mes. Feijóo acusa o Goberno de non ser quen de solucionar os principais problemas dos cidadáns.

"España é un país endebedado, que non controla os prezos e que ten uns prezos da enerxía desorbitantes e cun Goberno dividido e enfrontado, que no lugar de preocuparse polos problemas dos cidadáns, o que está é creando problemas", dixo o presidente da Xunta.

Noticias web

30/08/2021