CRTVG

Buscar

Feijóo acusa o Goberno central de mentir sobre o futuro de Alcoa

Publicado o 13/06/2019 09:50

O sector industrial de Galicia, e os seus empregos, está moi pendente do futuro de Alcoa e Ferroatlántica. No Parlamento, o presidente da Xunta acusou esta mañá o Goberno de Pedro Sánchez de mentir sobre o futuro da factoría da Coruña.

Os grupos parlamentarios están preocupados polo futuro da factoría de Alcoa na Coruña e polas persoas empregadas alí. BNG e En Marea pídenlle iniciativa ao Goberno galego. Feijóo recorda que o marco eléctrico para esas empresas é competencia do Goberno central. Mesmo acusou o Executivo de Pedro Sánchez de mentir antes das eleccións sobre o futuro da factoría da Coruña.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019