CRTVG

Buscar

Feijóo acusa a Sánchez de non querer falar co PP sobre a investidura

Publicado o 13/09/2019 15:21

O presidente da Xunta de Galicia asegura que todo o que dixo en relación á hipótese dunha gran coalición entre PSOE e PP ten toda a vixencia do mundo. Di que o problema é que Pedro Sánchez só quere ter de socios os independentistas e a Unidas Podemos fóra do Goberno.

Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia: "O presidente Sánchez sabe moi ben o que quere. O que quere é ter de socios os independentistas e a Podemos fóra do Goberno. Cando o Sr. Sánchez non quere falar cun partido constitucional e un partido que gobernou España coma o PP, a responsabilidade é do señor Sánchez. Nunca é responsabilidade de quen quere falar, é de quen nunca quere falar cun partido constitucional e que gobernou España dun xeito bastante razoable, que foi o PP".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2019