CRTVG

Buscar

Feijóo: "A UE ten que conseguir máis doses para vacinar a máis velocidade"

Publicado o 05/07/2021 13:43

Ata setembro ou outubro os máis novos non estarán vacinados, avisa Feijóo, que apela á responsabilidade para non botar por terra o esforzo que se fixo este ano para evitar os contaxios nas aulas.

"Temos que facer unha reflexión de se despois de rematado o curso escolar é razoable facer viaxes de fin de curso como se non houbese pandemia. Hai que facer unha reflexión porque non temos vacinas para eses mozos e porque está acreditado que a lexislación que hai ten moitos buratos", manifestou Alberto Núñez Feijóo.

O presidente da Xunta tamén advirte que o principal subministrador de vacinas na Unión Europea, Pfizer, vai mandar menos doses nas próximas semanas. "O ritmo de vacinación vai decrecer nas primeiras semanas de xullo. O obxectivo número un é intentar que na Unión Europea consigamos máis vacinas para seguir despregando a vacinación con maior velocidade", destacou Feijóo.

O presidente da Xunta cre que hai que manter o plan de vacinación actual e non adiantar a inmunización dos máis novos e deixar sen vacinar os maiores de 30.

Noticias web

05/07/2021