CRTVG

Buscar

Federer sorprende ás rapazas que xogaron ao tenis nos tellados

Publicado o 01/08/2020 20:05


E seguramente moitos lembrarán este vídeo que se fixo viral durante o confinamento. Dúas rapazas italianas que xogaban ao tenis nas terrazas de dous edificios. Victoria e Carola recibiron agora unha boa sorpresa. Convocadas a unha entrevista, e mentres falaban do seu tenista favorito, aí estaba, Roger Federer. O suízo provocou as facianas de incredulidade das protagonistas. E a súa reacción, lóxica, porque ademáis, ían xogar ao tenis con él. Un bó partido nas alturas e unha experiencia que non esquecerán.

Noticias web

01/08/2020