CRTVG

Buscar

Federer, eliminado no Aberto dos Estados Unidos ante Dimitrov

Publicado o 04/09/2019 18:21

No Aberto dos Estados Unidos caeu Roger Federer. O suízo cedeu en cuartos de final ante o búlgaro Dimitrov, en cinco mangas, despois de 3 horas e 12 minutos. É a primeira vez que Dimitrov derrota a Federer. O búlgaro disputará por terceira vez unhas semifinais de Grand Slam. O seu rival será o ruso MEDVEDEV, tras desfacerse no seu partido de cuartos de Wawrinka. Esta madrugada será a quenda dun Rafa Nadal que buscará as semifinais ante o arxentino Diego Schwartzman.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/09/2019