CRTVG

Buscar

Fede Cartabia: "É o momento de aprender e demostrar o grupo que somos"

Publicado o 16/01/2019 17:08

Que lle pasa a Fede Cartabia? O futbolista probablemente con máis talento do Deportivo non é quen de alcanzar unha regularidade.

Unha mala xestión das lesións. Esa é a causa, en opinión de Cartabia, do seu rendemento, inferior ao agardado. O arxentino confía en ir a máis. El e tamén o grupo. Neste contexto, Cartabia entende que aparecesen as dúbidas. Na contorna, non no equipo. Unha vitoria sobre o Albacete clarexaría o panorama.







 

Noticias web

16/01/2019