CRTVG

Buscar

Fede Cartabia non viaxa a Gran Canaria

Publicado o 02/11/2018 18:38

Estes días volveu ao traballo co equipo en Abegondo, pero esta mañá, tras unha conversa co técnico Natxo González, ambas partes tomaron a decisión de atrasar a súa incorporación.

O Deportivo visita as Palmas, directo competidor que se fai forte na casa, sen moitos complexos. Bernardo Tapia: "Se nós acadamos a vitoria metémoslles puntos importantes xa a estas alturas. Sería un golpe moral bastante forte para eles. Xa que logo, o noso obxectivo é gañar"

Os brancoazuis agardan conter co balón o potencial ofensivo e a verticalidade dos canarios. Axudaría, e moito, poñerse por diante e tensar a relación coa bancada. As Palmas só recibiu un gol de local. Bernardo Tapia: "Se somos quen de nos poñer por diante, entre os seus afeccionados vai haber unha sensación de ruxerruxe. Hai que saber xogar o partido, saber marcar os tempos e, dentro da estratexia do partido, esa é unha das partes importantes"

Por segundo partido consecutivo, Bernardo Tapia levará as rendas desde o banquiño pola sanción que pesa sobre Natxo González.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/11/2018