CRTVG

Buscar

Feás recupera os seus felos para o Entroido

Publicado o 26/02/2019 21:42

Na parroquia de Feás, no concello ourensán de Boborás, viven con moitos nervios os días previos ao Entroido. Despois de moitos anos, aquí decidiron recuperar a súa figura típica: os felos. O vindeiro sábado percorrerán algunhas das aldeas da parroquia espertando a memoria, sobre todo dos máis vellos do lugar.

Na aldea de Feás andan estes días atarefados ultimando detalles. Por primeira vez en moitos anos, os felos percorrerán de novo as aldeas o sábado de Entroido. A tradición remóntase a moitas décadas atrás.

A cor e o son das chocas acompañan os felos no seu percorrido. Cos seus sombreiros engalanados de cintas, abanos, calendarios, santos ou fotografías anuncian a chegada do Entroido.

Os felos e o folión nocturno do luns forman parte do seu Entroido máis enxebre. Un pasiño máis, din, na recuperación da súa historia e das súas tradicións.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/02/2019