CRTVG

Buscar

Fartos dos actos vandálicos dun veciño en Tui

Publicado o 19/02/2021 11:48

Os veciños da praza Pérez Blanco de Tui atopan moitas mañás a súa praza na zona nova de Tui con lixo ciscado e restos de excrementos e de cristais. Os que conducen revisan cada día os seus neumáticos porque a algúns xa lles apareceron picadas as rodas cinco veces. Moitos teñen medo de facer unha denuncia pública. A comunidade tivo que adquirir un equipo de videovixilancia por valor de 6.000 euros e reforzar o servizo de limpeza.

Os negocios da praza tamén sofren as consecuencias deste veciño que actúa de madrugada e coa cara cuberta, pero que algún deles xa ten identificado.

Os veciños están desesperados xa que lles custa moito conquerir probas da autoría dos feitos. Os residentes levan aturando esta situación máis de dez anos, aínda que o problema recruou nos últimos catro anos. Algúns habitantes da praza, os máis próximos ao responsable dos feitos, tiveron que abandonar as súas vivendas.

Noticias web

19/02/2021