CRTVG

Buscar

Farmacias e supermercados de Portugal venderán tests de antíxenos sen receita

Publicado o 25/03/2021 21:14

Nos vindeiros días as farmacias e supermercados portugueses comezarán a vender tests de antíxenos sen receita médica. O tipo de proba que estará dispoñible farase na casa e alí mesmo se obtén o resultado. 

É cuestión de días que farmacias, parafarmacias e supermercados que teñan venda de medicamentos sen receita teñan dispoñibles estas probas. O seu prezo irá entre os 10 e 16 euros e calquera poderá facerse con ela.

É un autotest nasal. Métese o bastonciño na cavidade nasal principal, non hai que ir ata o fondo como nunha pcr e en cuestión de minutos tense o resultado cun 80 % de fiabilidade. As autoridades portuguesas fan un chamamento á responsabilidade dos usuarios e pídelles que se dan positivo en covid con este autotest que se poñan en contacto co seu centro da saúde para facer unha PCR. 

Noticias web

25/03/2021