Cúmprense vinte e catro anos do asasinato de Miguel Ángel Blanco, e na súa vila natal, Faramontaos, non o esquecen
Publicado o 13/07/2021 13:51
Aurelio non pasa un día en que non se achegue a sepultura do seu sobriño; faino desde hai 24 anos, que o matou a banda terrorista ETA. Aquí repousa agora tamén a súa irmá, a nai de Miguel Ángel Blanco, que morreu hai meses por mor da covid−19.
A súa tumba sempre chea de flores e de obxectos que a xente lle vai deixando para non esquecer a súa figura, un lento asasinato que conmocionou millóns de persoas de todo o país.
En Faramontaos, onde pasaba case todos os veráns, levantaron un monumento na súa honra. Vinte e catro anos despois, lémbrano con bágoas nos ollos.
Ao longo dos anos organizáronselle neste día varias homenaxes. A familia organizou unha misa o pasado domingo. O Concello non ten actos previstos este ano.