CRTVG

Buscar

O efecto das vacinas: as residencias galegas fan 20 días sen contaxios

Publicado o 12/04/2021 12:46
O efecto das vacinas: as residencias galegas fan 20 días sen contaxios

As residencias de maiores de Galicia non notificaron novos contaxios, segundo a información facilitada pola Xunta, de maneira que este luns seguen dous traballadores infectados por covid-19 nestes centros sociosanitarios por sexta xornada consecutiva.

Os últimos datos indican que ao non rexistrarse negativizados, son dous os traballadores contaxiados, un na residencia de Santa Teresa, na Cañiza (Pontevedra), e outro no centro sociosanitario de Oleiros (A Coruña), mentres que non hai ningún usuario con covid-19.

En canto aos centros de atención a persoas con discapacidade, non se rexistraron contaxios entre residentes nin persoal nas últimas horas.