CRTVG

Buscar

Fanse 20 anos da mediática morte de Ramón Sampedro, que foi levada ao cine

Publicado o 12/01/2018 22:09

Fanse 20 anos doutra nova con moita repercusión nos medios de comunicación e mesmo no cine: a morte de Ramón Sampedro. Quedara tetrapléxico aos 25 anos, nun accidente ao tirarse ao mar na praia das Furnas, preto da súa casa no Son. Foi o primeiro en solicitar o suicidio asistido en España, petición que lle foi denegada. Hai 20 anos conseguiu o seu obxectivo despois de beber cianuro coa axuda da súa compañeira sentimental, Ramona Maneiro, quen acabaría confesando a súa colaboración sete anos despois, co delito xa prescrito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018