CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Fai 140 anos do nacemento do arquitecto galego Antonio Palacios

Publicado o 08/01/2018 17:12

O arquitecto Antonio Palacios naceu hai 140 anos no Porriño nunha familia ligada ó negocio local, as canteiras de granito, algo que influiría determinantemente na súa obra.

Considerase o arquitecto de Madrid porque del son algunhas das obras máis coñecidas desta cidade. Falamos en primeiro lugar do Pazo das Telecomunicacións, agora concello, ou do círculo de Belas artes.

Mais tamén foi un arquitecto galego, e non só polo seu nacemento. Aquí abrazou o rexionalismo, quizais influído por amigos do círculo nacionalista como Paz Andrade ou Castelao.
Edificou varias obras no Porriño como o concello.

Especialmente significativos é o templo da Veracruz no Carballiño.
En Baiona levantou a Virxe da Rocha e, noutra banda da baía, en Panxón, outra peza única o Templo Votivo do Mar, dedicado a vivos e mortos do océano. Deseñouno de balde e construíuno con materiais doados: Un exemplo de reciclaxe e arquitectura atlántica.

Zigzag Diario

08/01/2018