CRTVG

Buscar

Fanlles probas PCR aos estudantes que se desprazan durante o Nadal

Publicado o 21/12/2020 14:09

Estes días son moitos os estudantes que volven á casa. O Sergas recoméndalles que fagan unha PCR. Para iso púxose en marcha un rexistro en que deben anotarse para solicitar esta proba. Poden facela tanto os que veñen de fóra de Galicia como os que se deprazan no interior.

Chegadas estas datas, os estudantes fan a maleta. Pero 2020 non é un ano normal. Antes de emprender o camiño de volta, o comité clínico aconsella pasar pola páxina do rexistro de viaxeiros. Os estudantes rexistrados recibirán unha chamada ou mensaxe coa cita para unha proba PCR no seu lugar de destino.

Poden solicitala tanto os que veñan de fóra coma os que se despracen entre distintas poboacións galegas, sempre que cambien de unidade de convivencia, 

O comité clínico reúnese de novo esta tarde. Insisten en que se limite o máis posible a interacción social durante o Nadal. As restricións poderían aliviarse ou endurecerse por zonas, en función da evolución da epidemia.

Noticias web

21/12/2020