CRTVG

Buscar

Fan un chamamento a doar, con tres grupos sanguíneos en niveis baixos

Publicado o 16/10/2020 21:21

Chamamento da Axencia de Doazón  de Organos e Sangue de Galicia. Hai escaseza nas reservas de sangue e por iso animan aos cidadáns a doar.

Escasean sobre todo as reservas dos grupos sanguíneos 0 positivo, A positivo e B positivo e dende a axencia de doazón fan un chamamento para que acudamos doar, un xesto solidario imprescindible para salvar vidas.

Os hospitais galegos necesitan unhas 100 mil doazóns mensuais para poder levar a cabo correctamente o seu labor.

Calquera persoa maior de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e non teña ningunha enfermidade que se transmita polo sangue pode converterse en doador.

Na páxina web na axencia de doazón galega podese atopar información dos lugares nos que se pode doar nas 7 cidades galegas e tamén dos emplazamentos e horarios das unidades móbiles ás que tamén podemos acudir.

 

Noticias web

16/10/2020