CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Familias separadas pola guerra de Correa volven abrazarse 65 anos despois

Publicado o 20/08/2018 21:43
Familias separadas pola guerra volven abrazarse 65 anos despois. 89 surcoreanos e 180 norcoreanos reencontráronse grazas a distensión entre Pyongyang e Seúl, que levaban tres anos sen celebrar estas xuntanzas tan emotivas. Poderán verse un total de once horas, seis veces de aquí ao mércores nun hotel norcoreano. Pero as despedidas adoitan ser agónicas. Pode que se vexan por última vez. Non só pola idade avanzada dos participantes, senón porque hai unha lista de espera de 57.000 sobrevivintes.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

20/08/2018