CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Familias galegas súmanse á homenaxe aos heroes das Malvinas

Publicado o 02/04/2016 21:28

Neste 2 de abril conmemórase na Arxentina o día do veterano e dos caídos na guerra das Illas Malvinas.
Un territorio disputado historicamente entre Gran Bretaña e o país austral, aínda a día de hoxe.
Achegámonos a esta triste efeméride dende a óptica de familias galegas que a sufriron en carne propia.

Cumprense 34 anos do inicio da guerra entre Reino Unido e Arxentina pola soberanía das Malvinas.
O conflito durou pouco máis de 2 meses pero marcou para sempre a familias como a de Delmira, lucense.

O seu fillo, mestre e único voluntario falecido na guerra, segue a ser un referente polas cartas que enviaba aos seus alumnos.

"Como vou falar de San Martín e Belgrano se hoxe non vou loitar pola miña patria. Vou ir e vou volver, dicía".

Morreron preto de 1000 persoas e quenes voltaron non esquecen.
A familia de Fernando sufriu a Guerra Civil española, e as palabras do seu tío, foron imprescindibles para superar o que vivira.

"Viviches máis do que eu che contaba. Viviches todo o horror da guerra. De aquí en adiante empezas unha nova vida".

Os sobreviventes seguen a precisar o abrazo do pobo arxentino.
A día de hoxe o arquipélago segue a estar baixo goberno británico, pero o reclamo do país austral dunhas Malvinas arxentinas non cesa. E menos agora que a ONU lles deu a razón ao asegurar que as illas se atopan dentro da súa plataforma continental.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí