CRTVG

Buscar

Faltan dúas semanas para Noiteboa e iso xa se nota na suba dos prezos de peixes e mariscos

Publicado o 07/12/2017 14:13

Centola a 20 euros o quilo, percebe a 35 e peixe sapo a máis de 30. Faltan dúas semanas para Noiteboa, e iso xa se nota na suba dos prezos de peixes e mariscos. O que quere aforrar, xa empezou a mercar.

Coinciden todos os peixeiros do mercado da Magdalena de Ferrol: o peixe sapo é o que vai máis caro. Duplicou o prezo nas últimas semanas. O outro dos protagonistas das receitas de Nadal, anda polos 25 euros o quilo. O marisco tamén ole a Nadal.

As centolas, que roldan hoxe os 20 euros, aínda poden duplicar o prezo de aquí a dúas semanas. O percebe atopámolo desde 20 euros, pero os mellores soben dos 35. E os camaróns andan polos 30. Algúns clientes xa andaban hoxe na praza, facendo acopio. Para a carne, esperan máis. Sempre hai recursos se nos saímos dos pratos tradicionais. Son moitos, din os vendedores, os que agardan a última hora, aínda que lles saia caro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/12/2017