CRTVG

Buscar

Falsos revisores dos contadores da luz róubanlle 800 euros a un veciño de Rairiz de Veiga

Publicado o 31/01/2019 14:27

Róubanlle 800 euros a un matrimonio maior de Rairiz de Veiga facéndose pasar por electricistas. Un home e unha muller achegáronse á vivenda das vítimas coa escusa de revisar as lámpadas, e mentres un entretiña o señor, a outra aproveitou para remexer o dormitorio buscando o que había de valor.

O home e a muller presentáronse nesta casa de Santa Baia, en Rairiz de Veiga, identificándose como electricistas. A presunta ladroa remexeu a planta de abaixo ata dar con todos os cartos que gardaban na casa, 800 euros, que levaron.

Non conseguiu deter os ladróns e en Rairiz de Veiga están temerosos. A Garda Civil anda á procura dos autores deste último engano e roubo.

Noticias web

31/01/2019