CRTVG

Buscar

Fanse pasar por electricistas para roubar nunha vivenda no Irixo

Publicado o 19/02/2019 14:23

Tiñan todo planeado, buscaron unha vivenda dun núcleo illado do rural. Eran tres os atracadores, dous homes e unha muller. Non levaban identificación ningunha, pero presentáronse como empregados dunha empresa enerxética que querían revisar o bono social dos titulares da casa.

Confiado, o home permitiu que a falsa comercial entrase na vivenda. Deixou a porta aberta e mentres discutían sobre os papeis, outro home entraba por detrás del e collía as xoias.

O atracador tirou as xoias pola ventá. Saíu, rodeou a vivenda e avisou a súa colega de que xa rematara o traballo.

Os aneis e pendentes que loce hoxe Mari Carmen son as únicas xoias que lle quedan. Só levaron o enxoval, pero cun valor estimado en cinco mil euros. Despois desta desagradable experiencia, viven na desconfianza.

Un terceiro home, este con barba, agardaba no coche en que fuxiron os tres asaltantes. Cometeron o roubo en apenas dez minutos. A Garda Civil non descarta que sexan os mesmos que hai unhas semanas actuaron tamén en Rairiz de Veiga cun modus operandi moi semellante.

Noticias web

19/02/2019