CRTVG

Buscar

Falsa alarma en París: evacúan o Arco de Triunfo por ameaza de bomba

Publicado o 27/10/2020 21:16

Susto en París esta tarde por dúas ameazas que resultaron ser falsas. Unha chegou co aviso de que atoparan unha bolsa con municións nos arredores da torre Eiffel, malia que finalmente os artificieiros desbotaron o perigo.

Noutro dos lugares máis visitados de París, o Arco de Triunfo, houbo que evacuar a zona por ameaza de bomba. Unha chamada alertou a Policía Local sobre as tres da tarde, pero tamén foi unha falsa alarma e contra as cinco quedaba restablecida a normalidade nos arredores do monumento.

Noticias web

27/10/2020