CRTVG

Buscar

Dúas persoas falecen no porto de Malpica ao caer ao mar o coche que ocupaban

Publicado o 01/10/2020 07:46

• O vehículo estaba estacionado e, tras unha manobra brusca, caeu

• Os falecidos tiñan 42 e 48 anos

Pasaba da medianoite cando o coche que conducía Manuel Parga, un veciño de Malpica de 48 anos, estaba estacionado nesta explanada a carón do mar co motor aceso. De copiloto ía José Adolfo Pose, de 42 anos e natural de Santa Comba.

Segundo algunhas testemuñas, o condutor deu marcha atrás bruscamente e xirou. Bateu contra un morrón onde amarran os cabos do barcos e caeu ao mar. Un axente da Garda Civil e outra testemuña que presenciaron o accidente lanzáronse á auga para intentar rescatar os ocupantes do vehículo coa axuda dos faros dun pesqueiro, pero non o lograron.

Un mergullador profesional da zona lograría uns minutos despois recuperar os corpos, xa sen vida, dos dous homes.

Noticias web

01/10/2020