Falecen dúas persoas que ían a bordo dunha avioneta en Huelva
Publicado o 30/08/2021 21:58
Dúas persoas que ían a bordo dunha avioneta faleceron esta tarde no municipio onubense de Niebla tras sufrir un accidente.
O aparello, segundo fontes da Garda Civil, partía dun aeródromo da provincia de Huelva e estrelouse nun oliveiral próximo.
Investíganse as causas do sinistro do que polo momento só se sabe que varias testemuñas describiron a manobra que fixo como moi estraña xa que voaba boca abaixo e caeu en picado.