CRTVG

Buscar

Falecen dúas persoas por coronavirus en Galicia, 2.381 desde o comezo da pandemia

Publicado o 23/04/2021 20:52
Falecen dúas persoas por coronavirus en Galicia, 2.381 desde o comezo da pandemia

O Servizo Galego de Saúde notificou dous falecementos de persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Con elas, xa son 2.381 as vítimas que deixa a pandemia en Galicia dende o seu comezo.

Os decesos son, na xornada de onte, o dunha muller de 87 anos no CHUAC e, nas últimas 24 horas o dun home de 88 anos no CHOP.

Segundo informa a Xunta, ambos presentaban patoloxías previas.