CRTVG

Buscar

Catro falecementos este venres eleva a 707 as vítimas pola covid-19 en Galicia

Publicado o 18/09/2020 19:42

• Pontevedra segue á cabeza na suba de casos activos (+27)

Catro falecementos este venres eleva a 707 as vítimas pola covid-19 en Galicia

A Consellería de Sanidade confirmou esta tarde o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas por coronavirus. Trátase dun home de 84 anos que estaba hospitalizada no CHUO e o dunha muller de 92 anos que estaba ingresada no HULA e que procedía da residencia de Outeiro de Rei intervida pola Xunta. 

Durante o día o Sergas xa informara doutros dous falecementos: un home de 89 anos, ingresado no HULA, e un home de 86 anos que estaba ingresado no CHUAC. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Estas últimas mortes elevan a cifra total a 707

Xa son 4.317 os casos activos de coronavirus en Galicia. Así o indica a última actualización dos datos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. Isto supón 11 casos activos máis ca onte. Por outra banda, hai 248 novos contaxios.

A distribución dos casos activos por áreas sanitarias:

• 1.237 (+1) na Coruña

• 745 (-27) en Lugo

• 511 (+8) en Ourense

• 611 (+27) en Pontevedra

• 406 (+12) en Vigo

• 631 (-4) en Santiago

• 176 (-6) en Ferrol

Nas últimas horas houbo 12 novas hospitalizacións: catro na UCI e oito en planta. En cifras totais, hai 32 persoas na UCI, 209 en unidades de hospitalización e 4.076 en seguimento domiciliario. Dende o inicio da pandemia, curaron 16.297 persoas e realizáronse 416.411 probas PCR.