CRTVG

Buscar

Falecen dous homes de 65 e 79 anos por mor da covid−19 en Galicia

Publicado o 07/09/2021 20:10
Falecen dous homes de 65 e 79 anos por mor da covid−19 en Galicia

O Sergas notificou esta tarde o falecemento de dúas persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Polo tanto, a cifra global de falecementos ascende a 2.592 desde o comezo da pandemia en Galicia.

Os decesos producíronse na xornada de onte e son os dun home de 65 anos no CHUAC e un varón de 79 anos na residencia de maiores das Gándaras.

Segundo informa Sanidade, ambos sufrían patoloxías previas.

Noticias web

07/09/2021