CRTVG

Buscar

Falecen dous estadounidenses cando facían escalada sen corda en Mallorca

Publicado o 14/09/2021 20:03
Falecen dous estadounidenses cando facían escalada sen corda en Mallorca

Dous escaladores morreron ao caer ao mar esta tarde nas proximidades da Cova des Cosí, en Mallorca.Un particular alertou os socorristas dunha praia próxima de que había unhas persoa aboiando.

Ao rescate acudiron Salvamento Marítimo, Bombeiros, Policía Local e socorristas con motos de auga, pero non puideron facer nada por reanimalos. As dúas persoas falecidas son dous turistas de nacionalidade estadounidense, de 25 e 35 anos.

Noticias web

14/09/2021