CRTVG

Buscar

Falecen, con escasos minutos de diferenza, dúas persoas ao precipitarse por unhas escaleiras en dúas zonas de Santiago

Publicado o 24/03/2021 14:52

Durante anos os usuarios que transitan a diario polas escalinatas de Batalla de Clavijo queixáronse do mal estado que presenta o acceso ao túnel. Cada vez que baixaban por elas tiñan que esquivar baldosas soltas e chanzos incompletos e este mal mantemento saldouse cun fatídico accidente.

Un home de 83 anos falecía ao precipitarse dun dos chanzos cando paseaba coa súa muller. Aínda que, con menor gravidade, os accidentes nestas escalinatas sucédense con moita frecuencia. 

Tras o ocorrido procedeuse a reparar os danos, pero os usuarios seguen a consideralo un acceso moi perigoso. A rampla para persoas con mobilidade reducida é imposible e a ausencia de varanda a carón das escaleiras dificulta moito a baixada das persoas maiores. 

O outro suceso con estas mesmas características produciuse tan só 10 minutos antes. Na avenida de Bilbao, unha muller de 74 anos falecía tamén ao caer polas escaleiras que dan ao soto da súa vivenda. 

 

Noticias web

24/03/2021